martes, 26 de decembro de 2017

MARUJA MALLO.

Durante o primeiro trimestre na aula de 2º de Primaria estivemos aprendendo moitas cousas da vida e da obra da pintora galega Maruja Mallo. Algúns nenos trouxeron fotos da pintora e amosaronas ao resto da clase.
Debuxaron autorretratos e puxéronse nomes artísticos.
Finalmente,convertíronse en pintores e pintoras de verdade pintando a Estrela mariña.
O seguinte mural resume un pouco os seus traballos.

venres, 15 de decembro de 2017

Diploma de lectura.

A biblioteca de aula de segundo de Primaria funciona ás mil marabillas.Estes nen@s son superlectores. Xa temos gañadora (e ademais emocionada) de diploma e primeiro premio por rematar o Caderno Lector composto de dez fichas, unha por cada libro lido. Aos demais alumnos faltalles moi pouquiño para gañar premio. A seguir así, con moito ánimo!!!

martes, 5 de decembro de 2017

Visita á Fundación Abanca.

O pasado martes,28 de novembro, os nenos e nenas de primeiro e segundo de E Primaria desprazáronse a Ferrol ao edificio da Fundación Abanca. Alí, asistiron á Exposición " Sonoro Empeño", unha selección de obras que ilustra a relación entre a música e as artes plásticas.
Finalmente, poideron disfrutar dun obradoiro.

mércores, 29 de novembro de 2017

DÍA EN CONTRA DA VIOLENCIA DE XÉNERO.

Con motivo do día en contra da violencia de xénero os nenos e nenas elaboraron unha frase-eslogan.
Tamén disfrutaron de contacontos relacionados co tema grazas aos alumnos de segundo da ESO.
Por último, participaron na "Carreira Solidaria Save the Children polos dereitos dos Nenos e Nenas e pola Igualdade de Xénero", acompañando a un nen@ de E Infantil.

mércores, 15 de novembro de 2017

LÚA.

O alumnado de 1º e 2º de Primaria visitamos o Auditorio de Narón para ver a obra LÚA, da man de Teatro dos Ghazafelhos.

Nela cóntannos como a Lúa baixa á Terra para ver que acontece xa que hai moito ruído, berros, enfados… Así vai percorrendo e ensínanos un mundo separado por barreiras e fronteiras, no que non se valora a diversidade nin a xustiza social, un mundo no que uns teñen todo e outros, nada.