martes, 27 de xuño de 2017

Último día de curso.

E seguimos...O venres, 23 de xuño, festa na aula para despedir o curso e...a Yoel, que por motivos familiares cambia de centro para o próximo curso. Moita sorte Yoel. Querémoste.





E logo despois ... circuito de pedaletas.






"Pasito a pasito, pero moi rapidito acabamos o cursito". Grazas a papás e a nenos por TODO e por ser tan estupendos.





Ata o próximo curso e FELIZ VERÁN.

Excursión Fin de Curso.

O xoves, día 22 de xuño, os nen@s de EI e EP realizaron a excursión de final de curso: viaxe en barco pola ría de Ferrol e a continuación visita á praia de Cabañas.
Velaí tedes un collage recollendo algúns momentos dos nenos de 1º curso nesa viaxe.