martes, 31 de outubro de 2017

Samaín e Magosto.

Antes da festa decoramos as portas, preparamos as cabazas...











e degustamos gominolas e bombóns do Samaín.


E hoxe celebramolo xogando, comendo castañas e cantando e bailando con PACOLAS.



domingo, 29 de outubro de 2017

Museo Belas Artes.


O pasado martes,24 de outubro,no Museo de Belas Artes da Coruña disfrutamos dun espectáculo de teatro e danza inspirado na arte de Maruja Mallo titulado ELA.
Maruja Mallo é unha das mulleres que este curso traballaremos na aula de 2º  dentro do Proxecto DONAS DE SI.





luns, 23 de outubro de 2017

Outono.

 Mural do outono da clase de 2ºEP.





Estes nenos son uns ARTISTAS. Que mouchos tan chulis fixeron!





xoves, 5 de outubro de 2017

Chelo.

O pasado venres, 29 de setembro, os alumnos de 2º xunto cos compañeiros de 1º realizaron unha visita a Chelo, área recreativa natural de gran fermosura.
Estivemos na Aula da Natureza, lugar instructivo onde nos deron información da riqueza natural do entorno, tocamos fondos rochosos, vimos maquetas de animais e escoitamos o cantar de diferentes paxaros. Tamén fixemos unha pequena e agradable ruta.
Aí vai unha pequena mostra.