venres, 30 de novembro de 2018

TEATRO "PROXECTO NOEE".

O xoves, 29 de novembro, os alumn@s de 1º,2º,3º e 4º curso de EP asistiron á representación teatral da obra "Proxecto Noee" da Compañía Sarabela que relata a historia de tres pingüíns que se enfrentan ás consecuencias do cambio climático.
Esta obra agrupa os valores da amizade, a igualdade, o espíritu crítico e a conservación do planeta.


PACO NOGUEIRAS.


Este mércores estivo no noso cole Paco Nogueiras. Sí, sí,os nenos e nenas de EI e EP poideron participar e disfrutar do seu espectáculo.



                                         






 

luns, 26 de novembro de 2018

DÍA DA NON VIOLENCIA E IGUALDADE DE XÉNERO.

Este venres, 23 de novembro, celebramos a Carreira Solidaria Save The Children. Esta carreira é un xesto solidario para recaudar cartos para esta ONG que traballa para axudar as nenas e os nenos do mundo, este ano centrado na desprotección dos nenos nas zonas en conflicto de todo o mundo. Cada quen aportou económicamente o que quixo e puido.







Con motivo deste día tamén gravamos este pequeno vídeo:                                                               



sábado, 10 de novembro de 2018

sábado, 3 de novembro de 2018

SAMAÍN E MAGOSTO.

No CPI Plurilingüe " Virxe da Cela" celebramos o Samaín con concursos de decoración de portas e de cabazas. Os nen@s de 1º fixéronnas chulísimas. Desde aquí moitas grazas ás familias pola súa colaboración.






O gañador da cabaza máis orixinal foi: Diego Garabana Tojeiro. Noraboa!





                                 Que bos estaban!!!!

Tamén preparamos uns cucuruchos para comermos as castañas.




venres, 12 de outubro de 2018

ACTUACIÓN DE XOAN CURIEL

O pasado mércores, os alumnos de EI e EP pasárono xenial co espectáculo de Xoan Curiel "A casa do terror" no que se ve obrigado a durmir nunha casa encantada coas pulgas zombis.
Algúns nenos remataron convertidos en esqueletos e outros probaron unha receita" terrorífica".





venres, 21 de setembro de 2018

NOVA ETAPA EN PRIMARIA.

Empezamos o curso 2.018-2.019. Estes son os nenos da clase de 1º de Educación Primaria.
BENVIDOS!!! Que teñades tod@s un curso estupendo.


mércores, 27 de xuño de 2018

PELÍCULA DE 2º

No seguinte vídeo aparecen algunhas das cousiñas que fixemos durante este curso. Canto aprendemos tod@s, eu moitísimo con vós,e que ben o pasamos! Desexo que disfrutedes un montón das vacacións de verán. Quérovos peques.

martes, 22 de maio de 2018

LETRAS GALEGAS E MAIOS 2.018.

No CPIP "Virxe da Cela" celebramos o día das Letras Galegas e os Maios co Concerto Didáctico de
Bruno Villamor, Asociación Folclóricos Virxe da Cela.






martes, 17 de abril de 2018

Poemas sobre a AUGA.

Os nenos e nenas de 2º de Primaria escoitaron e leron poesías de Rosalía de Castro e así quixeron convertirse tamén en poetas facendo as seguintes poesías sobre a AUGA



 

OREJAS DE MARIPOSA.

Precioso cuento infantil para reflexionar.



mércores, 28 de marzo de 2018

ABN

Na clase de 2º de Primaria pasámolo xenial traballando co método ABN.











Encántanos facer pirámides con sumas. Mirade que grandes!





martes, 27 de marzo de 2018

DÍA DA MULLER TRABALLADORA.

O día 8 de marzo celebramos o día da muller traballadora cun mar de mulleres, cun mar de esperanza.




Os nenos e nenas de segundo de Primaria fixemos as botellas coas mulleres bravas da nosa terra que estamos a traballar este curso: